Sobre quen pode e quen non pode participar

Página 1 de 2. 1, 2  Siguiente

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Ir abajo

Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  contradiscurso el Vie Mayo 20, 2011 7:21 pm

Despois de ler e discutir de xeito excesivamente reiterado no grupo de Facebook polo mero feito de que o meu avatar ten unha chapa (do mesmo xeito que eu podía levar unha cresta, ou portar unha fouce e martelo), facto que seica me incapacita para facer parte deste movemento...

Eu case estou por proporvos que se debata en asemblea o seguinte: as persoas que teñan afiliación sindical e/ou política, ou que teñan unha ideoloxía declarada, ou que teñan unha opción partidaria a nivel electoral, PODEN ou NON PODEN PARTICIPAR deste proceso?

E non o digo en broma, creo que asi polo menos porase en claro de que vai realmente isto, e canta democracia interna se practica neste movemento para conquerir unha democracia real. Estou canso de que por levar un logo nunha foto, que poderia levar LIBREMENTE nunha camisola, se nos convide a quen non admitimos uniformismos sectarios, a marcharnos, se nos insulte ou se nos despreze polo mero feito de PENSAR DIFERENTE.

Polo menos quen crea que aquí non cabemos que teña a valentía de convertelo nun acordo asembleario.

contradiscurso

Mensajes : 11
Fecha de inscripción : 19/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  Akai el Vie Mayo 20, 2011 7:22 pm

Todo el mundo puede participar
avatar
Akai
Admin

Mensajes : 24
Fecha de inscripción : 19/05/2011

Ver perfil de usuario http://acampadavigo.foroactivo.org

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  Fervellasverzas el Vie Mayo 20, 2011 7:56 pm

Eu penso e sinto (nas asembleas, na acampada, no foro, no Facebook) que todos estamos convidados a participar e somos benvidos cunha única condición: que nos presentemos a título individual e desvinculados de calquera organización de corte partidista ou institucional na que participemos. Porque nesta iniciativa presentámonos ante todo como PERSOAS e como CIDADÁNS. Que a nosa vinculación a certas organizacións inflúe na nosa opinión? Dende logo. Pero penso que nesta ocasión temos que superar esas vinculacións, sobre todo, porque estamos partindo dun acordo de mínimos, que é o recollido no manifesto, e debemos priorizar o que temos en común, ese acordo de mínimos, por riba das diferencias e limitacións que supón a afiliación a unha organización.
avatar
Fervellasverzas

Mensajes : 7
Fecha de inscripción : 19/05/2011
Edad : 33

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  suso el Vie Mayo 20, 2011 8:23 pm

Xabi, eu onte escoitei bastantes críticas sobre o que dis. Eu non teño facebook e non vin nada do que escribiches, pero si que a xente tomouno en parte como que se trataba de copar os comentarios e facer campaña. Eu estiven alí, xa o dixen por diversas canles, e con cada persoa que falaba e tal eu dicíalles que pertencía a unha organización política pero que ahí iba simplemente como persoa e a durmir como moitos outros. Non houbo ningún problema, todos se portaron perfectamente. O único que me pedía, que era algo que eu compartía totalmente, e que o que estivera alí non falase de partidos concretos, nin os defendese etc. Outra das cousas que se poden facer nesta liña, que e o que a mín pareceume no seu momento, é que se veñen os medios de comunicación, aqueles que poidamos ser relacionados con partidos etc que non falemos ca tele, radio, etc porque poden comezar a dicir que estamos detrás da organización de todo este movemento.

suso

Mensajes : 42
Fecha de inscripción : 20/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  Rosina el Vie Mayo 20, 2011 8:39 pm

Veo que también estás buscando aquí que alguien te dé la razón y no lo consigues... Se te ha dicho por activa y por pasiva que se acepta a cualquier persona pero que no se aceptan símbolos. Así lo entendió todo el mundo excepto tú. Puedes estar con DRY si aceptas que no queremos ver siglas.

Creo que no es tan dificil de entender.

Rosina

Mensajes : 9
Fecha de inscripción : 20/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  Santo varón el Vie Mayo 20, 2011 8:41 pm

Creo que o que non se pode tolerar é que ideoloxías políticas fagan seu este movemento.

Calquera referente a partidos, sindicatos ou ideoloxías concretas sacará xente.

Digo porque seguramente eu non comparta o voso voto, pero si as ideas que nos levaron a facer esto.

Santo varón

Mensajes : 28
Fecha de inscripción : 19/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  suso el Vie Mayo 20, 2011 8:52 pm

Rosina escribió:Veo que también estás buscando aquí que alguien te dé la razón y no lo consigues... Se te ha dicho por activa y por pasiva que se acepta a cualquier persona pero que no se aceptan símbolos. Así lo entendió todo el mundo excepto tú. Puedes estar con DRY si aceptas que no queremos ver siglas.

Creo que no es tan dificil de entender.

Non entremos a discutir entre nós porque senón imos a ter problemas serios. Onte pola noite eu falei con algún da acampada e xa me dicían que había discusións e que quizais pasaran de volver, porque se sentían incómodos. Manteñamos un bo clima de diálogo. Eu durmín cunha persoa totalmente contraposta a mín e estiven falando con ela casi 4h seguidas sen problema, con distitnas opinión. Iso debe ser algo que caracterice o movemento, senón estamos cavando a súa propia tumba.

Eu espero que o que pasou con Xabi fose un simple malentendido e xa está. El sentirá que non fixo apoloxía de ningún partido e o caso e falar tranquilamente entre todos e aclaralo.

suso

Mensajes : 42
Fecha de inscripción : 20/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

asdfasdf

Mensaje  unoalmesomas el Sáb Mayo 21, 2011 10:22 pm

Esta persona está buscando la confrontación, sólo acepta lo que él quiere oír, y la verdad, estoy bastante cansado del tema, no le llegaba con el facebook, donde él mismo creó una encuesta y salió "democráticamente" que no tenía razón, y ahora viene aquí a tocar la moral. Desde cuándo se dijo que se excluía a nadie por pensar o tener sus propias ideas? Eres un cansino chaval: LO QUE NO SE PUEDE HACER ES EXHIBIR SÍMBOLOS DE PARTIDOS POLÍTICOS!! SÓLO ESO, ES TAN DIFÍCIL DE ENTENDER???
Y si no te acercas por la farola y lo preguntas públicamente, o es que te da vergüenza? Allí todo el mundo tiene la oportunidad de decir públicamente lo que piensa, eso sí, sin hacer apología de ningún partido, normas de sentido común. Te propongo a que te acerques por allí y salgas del facebook, participa activamente y deja de marear la perdiz. Yo personalmente te lo agradecería.

unoalmesomas

Mensajes : 1
Fecha de inscripción : 19/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

que tipo de símbolos?

Mensaje  abraham el Dom Mayo 22, 2011 1:55 am

Aínda que eu non conxenio cos símbolos de ningún tipo e estou en contra deles, non entendo tampouco que haxa tanto problema en que a xente leve algún símbolo, okupa, comunista, sindical ou incluso do P.P...e máis cando vexo por ahí entre a xente cantidade de simboloxía de multinacionais tipo Zara, Moviestar, Vodafone etc...e non pasa nada e precisamente son os principais causantes da crise, deberíamos entón censurar á xente que leve un móbil??. Penso que é un foro aberto e de discusión para falar e chegar a conclusións e avanzar cara un obxectivo como para discutir ou intentar censurar estas cousas.

abraham

Mensajes : 4
Fecha de inscripción : 22/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  Isma el Dom Mayo 22, 2011 3:44 am

Abraham, ¿te das cuenta que comparar que alguien lleve un móvil de Vodafone con que alguien vaya a la acampada con una camiseta de, por ejemplo, Falange, es una memez supina?

Me ha decepcionado la actitud de gente del BNG que ha intentado copar el debate de la acampada de Vigo en internet tratando de llevarlo a su terreno.

Y me depeciona más aun y me remueve las entrañas tener que ver carteles por Vigo que rezan "contra el bipartidismo PPSOE: Vota. La solución es el BNG". Aprovecharse del movimiento juvenil en provecho propio de tal forma me parece vomitivo. Por mi parte, ahí os quedais! cyclops

Isma

Mensajes : 11
Fecha de inscripción : 19/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

galego igual a B.N.G.?????

Mensaje  abraham el Dom Mayo 22, 2011 4:07 am

Supoño que o do B.N.G. igual o dis porque escribo en galego porque por outra cousa...se así tamén me parece unha memez supina!!! e unha limitación de miras bastante grande.
O único que quero decir é que mentres non inflúa e atranque a normalidade das discusións das asambleas non lle vexo o problema a que a xente leve símbolos, nada máis. paréceme que é intentar controlar ou tapar o que é incontrolable cando a sociedade é a que hai, e este é un movemento social, con símbolos ou sen eles. Alá a xente que queira levar un símbolo.
Para que quedes máis tranquilo Isma dígoche que son ácrata non do B.N.G., por sorte.
Saúdos.

abraham

Mensajes : 4
Fecha de inscripción : 22/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  Isma el Dom Mayo 22, 2011 4:17 am

abraham escribió:Supoño que o do B.N.G. igual o dis porque escribo en galego porque por outra cousa...se así tamén me parece unha memez supina!!! e unha limitación de miras bastante grande.

Non me refiro a ti, Abraham, senon á persoa que abriu esta discusión no foro, e tamén o fixo no Facebook, onde non desembarcou só, senón con algúns acólitos de partido.

Es libre de falar a lingua que teñas a ben, faltaría máis.

E voltando ao debate, o feito de portar símbolos fai que deixe de ser un movemento social e pase a ser un movemento de grupos políticos. ¿Gustaríache ver a acampada chea de bandeiras do BNG, de EU ou do PP? Se así fose, este movemento apartidista deixaría de selo, e perdería todo o sentido que ata agora ten.



Isma

Mensajes : 11
Fecha de inscripción : 19/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  suso el Dom Mayo 22, 2011 6:23 am

A ver Isma, eu persoalmente levo colaborando dende o segundo día con todo este movemento de forma activa e anónima, deixando claro que era dun partido pero que acudía como persoa a manifestarme e apoiar o movemento, incluso dormín alí o día que puiden. O tema do que dis de que levan símbolos e demáis en Facebook e así, eu os coñezo e teñen esas fotos dende hai tempo, non só por comezar a discutir sobre estes temas, senón polo simple feito de que están en campaña e dende que comezou pois moitos dos simpatizantes do BNG a puxeron de foto principal nos seus perfís de redes sociais como unha forma de apoio e de facerse á vez visibles. Os lemas que dis do partido tamén son posturas que levan mantendo uns meses xa como liñas serais do partido. O Portavoz do grupo parlamentar leva criticando as actuacións e políticas instauradas nos últimos tempos, non é nada novo e sería inxusto dicir que se tratan de aproveitar. A vos parécevos que se están tratando de aproveitar polo simple motivo de que non coñecedes a actualidade do partido, os descursos habituais contra este tipo de políticas da dereita, etc. Se non veríades como esa é a liña xeral, en serio, aínda que obviamente non tedes a obriga de coñecer esa actualidad, neste caso estades sacando conclusións precipitadas, considero. Qué pasa, que agora, como houbo comentarios de xente ca foto de principal co logo de partido e este é un movemento que rexeita o partidismo saltades á defensiva para que isto non se corrupta. O entendo, é perfectamente comprensible que querades defender o catacr do movemento, pero a realidade é a que acabo de explicar.

E ante este comentario espero que non me tildes de un simple compañeiro de partido dos demáis, porque aínda que o sexa, como xa dixen, levo tempo colaborando e de forma persoal. Ademáis de que cando souben que alguén do partido ía a pasar pola concentración, xa lles advertín de que a ver en que actitude ían porque poderían ofender á xente.

suso

Mensajes : 42
Fecha de inscripción : 20/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  Adrian el Dom Mayo 22, 2011 8:46 am

O BNG non se diferencia moito do PP ou do PSOE, simplemente ten menos votos... O discurso do BNG dame a risa, igual que me daba a risa o seu discurso cando o bipartito, que por un lado dicían unha cousa e por outro lado facían outra. Aínda teño en mente a "gloriosa" apertura de curso nos xesuitas de Quin... os cartos que recibíu a "obra social" da igrexa católica... os texemanexes de certos servizos públicos...

Se este movemente ten carácter apolítico e laico, hai que facelo notar. Porque eses que colaborades desde posturas circunscritas no BNG, evidentemente non podedes dicir que sexades apolíticos.

Adrian

Mensajes : 38
Fecha de inscripción : 22/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  suso el Dom Mayo 22, 2011 9:24 am

Adrian escribió:O BNG non se diferencia moito do PP ou do PSOE, simplemente ten menos votos... O discurso do BNG dame a risa, igual que me daba a risa o seu discurso cando o bipartito, que por un lado dicían unha cousa e por outro lado facían outra. Aínda teño en mente a "gloriosa" apertura de curso nos xesuitas de Quin... os cartos que recibíu a "obra social" da igrexa católica... os texemanexes de certos servizos públicos...

Se este movemente ten carácter apolítico e laico, hai que facelo notar. Porque eses que colaborades desde posturas circunscritas no BNG, evidentemente non podedes dicir que sexades apolíticos.

A opinión que teñas ti ou non do BNG, creo que da igual. Eu o que digo e que o discurso é ese, e xa o era antes, así que non é unha forma de aproveitarse ni nada polo estilo. Xa che digo que eu non vou a entrar a debatir sobre partidos, igual que non o fixen co tema da ilegalización de PP e PSOE.

Ninguén, é totalmente apólitico, de feito todo o mundo ten máis ou menos unha opinión ou ideoloxía formada, pero se eu participo sen facer apoloxía do meu partido e apoiando a causa, porque sí creo que hai que facer un cambio, non vas a ser ti quen me deslexitimice. En este movemento hai moito anarquista, eles son apolíticos? non, pero están no seu dereito de defender a necesidade dun cambio.

suso

Mensajes : 42
Fecha de inscripción : 20/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  Adrian el Dom Mayo 22, 2011 9:31 am

Unha cousa é ter unha ideoloxía, e outra ben distinta é que esa ideoloxía se encrave nun partido político. Non pretendía ofender co meu escrito anterior, por moi mordaz que fose, pero Suso, comprenderás que teño idade suficiente, e coñecemento dos partidos en Galicia, o suficiente (por cousas de traballo tiven que verme cos tres), como para chuparme o dedo. O que ti nos propós e o mesmiño que un empresario dun holding de 5000 empregados no sector industrial x, que contamina o innombrable, e que logo destina migallas para donar a onegés que do ámbito do medio ambiente... Pois non, chico, pois non.

Por cousas coma esta hai xente que deixará de movilizarse; e sábelo.

Adrian

Mensajes : 38
Fecha de inscripción : 22/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  suso el Dom Mayo 22, 2011 10:48 am

Adrian escribió:Unha cousa é ter unha ideoloxía, e outra ben distinta é que esa ideoloxía se encrave nun partido político. Non pretendía ofender co meu escrito anterior, por moi mordaz que fose, pero Suso, comprenderás que teño idade suficiente, e coñecemento dos partidos en Galicia, o suficiente (por cousas de traballo tiven que verme cos tres), como para chuparme o dedo. O que ti nos propós e o mesmiño que un empresario dun holding de 5000 empregados no sector industrial x, que contamina o innombrable, e que logo destina migallas para donar a onegés que do ámbito do medio ambiente... Pois non, chico, pois non.

Por cousas coma esta hai xente que deixará de movilizarse; e sábelo.

EI eu non propuxen nada. Só dixen que as cousas que se din de que se tratan de apropiar de todo isto non son certas que era o seu discurso de antes. Non che vou a discutir que o seu discurso sexa real ou non, iso que o valore cada quen. Pero levo participando disto sen falar de partidos dende o primeiro momento e so entrei a falar de partidos para aclarar, nada máis. Así que non sexas demagogo co que dixen, a poder ser. E a xente que estivo conmigo na acampada, etc pode dar boa conta de como foi a miña conducta.

suso

Mensajes : 42
Fecha de inscripción : 20/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  David el Dom Mayo 22, 2011 1:06 pm

A mín paréceme que a prohibición e símbolos é totalitaria, cada un ten dereito a pertencer ao que sexa e non está obligado a ocultalo como si para entrar na asamblea houbera que pasar á clandestinidade, máis si estamos por profundizar na democracia non podemos caer niso

David

Mensajes : 3
Fecha de inscripción : 22/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  Adrian el Dom Mayo 22, 2011 7:08 pm

Entón, respondédeme a unha cuestión... Se tedes unha ideoloxía determinada, que ademais é a que defende determinado partido político, que facedes por estes lares en lugar de facer campaña por ese partido, que defende os vosos ideais? Que facedes nunha movilización cuxa seña de identidade é a non representatividade ideolóxica por parte de ningún partido?

E que non o entendo. Non quero que isto se convirta nun debate sobre partidos, porque non é o obxectivo, pero non entendo a vosa posición, senón só, por moito que o neguedes, para instrumentalizar dalgún xeito esta concentración.

Adrian

Mensajes : 38
Fecha de inscripción : 22/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  suso el Dom Mayo 22, 2011 11:18 pm

Adrian escribió:Entón, respondédeme a unha cuestión... Se tedes unha ideoloxía determinada, que ademais é a que defende determinado partido político, que facedes por estes lares en lugar de facer campaña por ese partido, que defende os vosos ideais? Que facedes nunha movilización cuxa seña de identidade é a non representatividade ideolóxica por parte de ningún partido?

E que non o entendo. Non quero que isto se convirta nun debate sobre partidos, porque non é o obxectivo, pero non entendo a vosa posición, senón só, por moito que o neguedes, para instrumentalizar dalgún xeito esta concentración.

Explícoche o que fago eu persoalmente. Eu fago campaña polo meu partido no meu concello. Pero por exemplo o outro día tiña o mitin central na miña localidade e no canto de ir ó mitin fun á asamblea da acampada e a durmir alí. Este é un movemento certamente apartidista, non se vai a posicionar cara un partido, iso sen embargo non quere dicir que xente de dentro poda estar a favor dalgún partido e á vez defender que é necesario un cambio no rumbo político de este país e unha reforma da democracia. É dicir, por moito que non nos vaiamos a posicionar cara un partido, senon que falemos en xeral, non quere dicir que sexa un movemento único e exclusivo para a xente que non pertence ou que non é simpatizante de un partido. Esa é a miña opinión. Eu creo que hai cousas que ten este movemento cas que estou de acordo e como cidadán me manifesto para logralas, deixando totalmente a parte ó meu partido. Estando de acampada escoitei falar mal do meu partido e non o defendín porque considerei que non era o momento. Tamén dicir que houbo xente dalgún partido minoritario en Vigo que colaborou de forma activa, grabando videos etc, previo consentimento dos integrantes do grupo de comunicación. Por iso creo que non se exclúe á xente por pertencer un partido, o que se exclúe e que fagas apoloxía do mesmo nesa concentración.

Respecto a convertir o debate en algo de partidos, non sei que pensades, pero eu creo que este fío debería pecharse e eliminarse seguramente. Porque como dixeches se falou de partidos e iso pode botar á xente para atrás.

suso

Mensajes : 42
Fecha de inscripción : 20/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Participación restrinxida...

Mensaje  Stalis el Dom Mayo 22, 2011 11:48 pm

Como é que este movemento democracia real restrinxe a participación?. E a xustifiación é ainda peor, a aqueles que xa están organizados!. Non saio do meu asombro, un movemento de democracia real, asembleario de participación e debate total restrinxe a mesma...

Stalis

Mensajes : 4
Fecha de inscripción : 22/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

non todos son iguais...

Mensaje  Stalis el Lun Mayo 23, 2011 12:35 am

Adrian escribió:O BNG non se diferencia moito do PP ou do PSOE, simplemente ten menos votos... O discurso do BNG dame a risa, igual que me daba a risa o seu discurso cando o bipartito, que por un lado dicían unha cousa e por outro lado facían outra. Aínda teño en mente a "gloriosa" apertura de curso nos xesuitas de Quin... os cartos que recibíu a "obra social" da igrexa católica... os texemanexes de certos servizos públicos...

Se este movemente ten carácter apolítico e laico, hai que facelo notar. Porque eses que colaborades desde posturas circunscritas no BNG, evidentemente non podedes dicir que sexades apolíticos.

Creo que falas por "Voz" e outros medios de comunicación ben inimigos dos nacionalistas galegos, polo tanto é unha información distorsionada cando non falsa... é ben evidente que non todos son o mesmo, e é ridiculo facer responsable da situación política e económica a unha organización con dous deputados, como IU, BNG, ERC....

Só hai dúas explicacións, ignorancia ou interese....

Stalis

Mensajes : 4
Fecha de inscripción : 22/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

hai símbolos os que non se renuncia

Mensaje  tímida el Lun Mayo 23, 2011 1:22 am

Todas as persoas temos símbolos. Foron importantes ó longo de toda a historia: identifícannos e dannos sensación de pertenza. Temos escudos, cores, bandeiras e himnos, dos que nos sentimos orgullos ou polos que sentimos rexeitamento. Censurar símbolos é censurar persoas e tamén censurar ideas... non hai ningunha diferenza.

Ademáis cando sentimos que creamos algo importante, automaticamente intentamos que haxa algún símbolo que o identifique fácilmente, porque queremos recoñercernos en calquer parte: xa onte na farola se propuso un símbolo (un globo branco) para este movemento. Eu creo que non é malo, é a nosa natureza, a nosa capaciadade de abstracción.

A participación neste movemento é sempre a título individual, así que a participación de persoas con afiliación política (a título individual) vai ser inevitable, e probablemente dende mañá se promova dende os partidos políticos: Eu faríao, se fora eles. Lonxe de parecerme mal que veñan portando os seus símbolos, paréceme o máis honesto.

Gustaríame recordar aquí que a bandeira galega coa estrela (tamén coñecida entre os nacionalistas como bandeira da patria) non é a bandeira do bloque. É a bandeira de todos os que temos conciencia nacional, dentro ou fóra do bloque. Ese é un símbolo o que eu non penso renunciar, vós veredes se queredes excluir a miña bandeira e a min, porque eu teño conciencia nacional e vós non; aínda que poida asinar tódolas demáis reivindicacións. Despois pensade en cómo se chamou a este comportamento históricamente...

tímida

Mensajes : 3
Fecha de inscripción : 23/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Disculen o silvestría

Mensaje  Santo varón el Lun Mayo 23, 2011 3:52 am

Este fin de semana estiben reflexionando sobre o tema, a par que vía Intereconomía (na publica non te enterabas de nada.. para que despóis falen de que ven anda rtve.).

Chegueí a seguinte conclusión, da cal rogo disculpen o mal falado que sou, pero creo que ilustrativo ha de ser.

Que haia putas na manifestación non significa que sexa una manifestación de putas, pero sobre todo, non debe parecer que é una manifestación de putas.

Dito de outra maneira, aqueles que tieveron representación no parlamento, que pactaron presupostos e leises, non poden DEBEN vir agora a encabazar algo que por un lado non os quere, e por otro lado, non defederon cando tiveron voz.


Espero non ofender a ninguén.

P.D.: Que pintaban as pegatinas da CNT en #acampadasol, odio aqueles que queren facer seu algo que non ten dono...

Santo varón

Mensajes : 28
Fecha de inscripción : 19/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

No símbolos que separen

Mensaje  andalvgarbin el Lun Mayo 23, 2011 5:21 am

He estado viendo muy detenidamente todos los informativos, no se si os habéis fijado en que SIEMPRE el periodista busca etiquetar a la persona:

¿Quien eres?
derechas o izquierdas
parado o trabajando
joven o viejo
azul o rojo
anti-sistema o partidista
.....

Si realmente queremos un cambio es hora de dejar de lado NUESTROS INTERESES PARTICULARES (que es en realidad lo que hacen los políticos y demás) para centrarnos en aquello QUE NOS UNE....

....y lo que realmente nos une es que todos somos CIUDADANOS, que todos somos PERSONAS, que todos queremos las mismas OPORTUNIDADES...

Yo estoy indignado con LOS POLÍTICOS CORRUPTOS, pero estoy MUCHO más indignado con LOS POLÍTICOS que se dicen HONESTOS que lo PERMITEN y no hacen NADA.

Si realmente queremos tomar conciencia, empecemos por dejar nuestras ETIQUETAS en casa y empecemos por lo que en realidad SOMOS... SERES HUMANOS.....y CIUDADANOS.

No cometamos el FRECUENTE ERROR de VER LA PAJA EN EL OJO AJENO. ¡¡¡No es tu causa!!!! .ES NUESTRA CAUSA.

Yo antes de llevar una bandera me preguntaría ¿Aporta algo este símbolo o bandera a esta causa o simplemente me sirve a mi y a mis intereses particulares?

¿Quién eres sin tu símbolo? .....

Si debe haber un SÍMBOLO, tiene que ser uno que NOS UNA A TODOS LOS CIUDADANOS si realmente QUEREMOS SUMAR.

En acampadasol lo tienen muy claro no sé porque aquí no?

¿Acaso no podemos SER nosotros MISMOS?











andalvgarbin

Mensajes : 11
Fecha de inscripción : 23/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Sobre quen pode e quen non pode participar

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Página 1 de 2. 1, 2  Siguiente

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.