Localización

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Ir abajo

Localización

Mensaje  Peyo el Lun Mayo 23, 2011 9:27 pm

Ben,onte estiven an Asamblea como de costume e quería comunicarvos un dato que pode ser importante no tema da localización.
Sei que esto quedou pendente en función de estudalo mais a fondo, pois ben, o problema é que o venres 3 de xuño as cousas poderías complicarse en Príncipe, que conste que eu non teño especial interese en Príncipe, Praza do Rei ou Alameda xa que de momento non estou a durmir alí e creo que ese é un factor moi importante para tomar unha decisión consciente. Ó caso: ese venres comeza o Rallye Rías Baixas, e como aconteceu o ano pasado o parque pechado vai instalarse en Príncipe.
En principio eu penso que non podería haber problema xa que os coches non entran pola farola e a zona de salida instálase no sireno, pero creo que é importante poñerse en contacto coa escudería Rías Baixas que é a encargada da organización para evitar sorpresas de última hora.
Ademais, non hai que esquecer que son xente de a pé coma nós que prepara este evento con toda a súa ilusión, e seguro que coa axuda da Administración, policía, etc...con todo o que esto podería acarrear.
Dito esto, tamén cómpre recordar que a rúa é de todos, e que seguro que se pode chegar a un acordo se ó final se decide a permanencia na farola.

O mellor creo que sería coñecer a postura da outra parte e a partir desto decidir, sempre dende o respeto mutuo e a tolerancia.

Vémonos esta tarde.

Peyo

Mensajes : 2
Fecha de inscripción : 23/05/2011

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.